domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísAna Pontón, elixida co 99% dos votos: "Imos facer historia"

Ana Pontón, elixida co 99% dos votos: «Imos facer historia»

Ana Pontón afiánzase como líder do BNG aos ser reelixida este domingo co 99% dos votos dos militantes na XVII Asemblea Nacional do BNG na Coruña. Pontón animou aos nacionalistas e ao pobo galego a «non porse límites» e aspirar a «facer historia» chegando á Xunta en 2024.

 Ana Pontón:

Respaldo a Pontón e á súa candidatura co 99 % dos votos emitidos.

Na súa intervención, a líder nacionalista anunciou «plena confianza no BNG» para «liderar a Xunta de Galicia no 2024» e advertiu o «nerviosismo» do PP. Animou a mocidade a sumarse ao nacionalismo «porque somos alternativa real ao Partido Popular».

Pontón chama a confianza en si mesmos, na positividade:  «Imos derrotar os do non porque somos o BNG do si»

Entre os retos do BNG liderado por Pontón: A tarifa eléctrica propia, o reforzo da sanidade pública ou a vellez digna. A BNG neste novo ciclo tamén aposta por un «novo modelo forestal que acabe coa praga do eucalipto e de ENCE», subliñou.

A líder nacionalista denunciou o «xenocidio lingüístico» que se está a producir en Galicia. Falou dun «ataque premeditado e deliberado» á nosa lingua: «Que imos defender porque en galego temos futuro».

Do mesmo xeito, asumiu como prioritaria «unha axenda feminista que nos permita avanzar cara a unha Galiza de mulleres libres e iguais».

Executiva nacional

Na executiva nacional liderada por Ana Pontón sitúase como número dous o deputado autonómico Luís Bará. Seguido de  Xabier Campos, Rubén Cela, Carme da Silva, Olaia Ledo, Bieito Lobeira, Lucía López, Manuel Lourenzo, Breixo Lousada, Ana Miranda, Lois Pérez, Montse Prado, Noa Presas, Néstor Rego, Xosé Luís Rivas ‘Mini’, Olalla Rodil, Goretti Sanmartín e Eva Villaverde.

A lista é continuísta, xa que só se producen catro cambios: Susana Camba, Duli Diniz, Xosé Manuel Marcote e Xosé Emilio Vicente, que dan paso a Lucía López, Breixo Lousada, Lois Pérez e Manuel Lourenzo.

A XVII asemblea elixiu tamén este domingo os 50 primeiros nomes do Consello Nacional, máximo órgano de decisión entre asembleas. Ao haber unha única lista, intégranse directamente todos eles.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS