Os casos activos de COVID-19 continúan aumentando en Galicia, que xa se asenta por riba dos 600 casos, logo de varias semanas por baixo dos 500. Galicita ten arestora 640 casos de coronavirus, son 59 máis que un día antes.
Os casos activos de COVID-19 soben en todas as áreas sanitarias de Galicia e o máis preocupante é o incremento dos contaxios diarios experimentado nas probas diagnósticas; un total de 86, dez máis que o día anterior.
A área de Ourense sitúase xa á cabeza, con eses gromos detectados tras dúas viaxes a Benidorm:
Vigo: 91 (+10)
Ourense: 162 (+24)
A Coruña: 157 (+5)
Santiago: 63 (+8)
Pontevedra: 59 (+5)
Lugo: 54 (+4)
Ferrol: 54 (+4)
Nos hospitais os ingresos baixaron. Hai 2 persoas menos hospitalizadas que un día antes: En total, hai 6 persoas en coidados intensivos e 26 en planta.
O Sergas non notificou decesos na última xornada por COVID-19: son 2.653 os mortes da pandemia en Galicia ata agora.