lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísOs casos de coronavirus continúan aumentando en Galicia

Os casos de coronavirus continúan aumentando en Galicia

Galicia comeza novembro como rematou outubro, por riba dos 500 casos activos de COVID-19 e subindo paseniñamente. Hai arestora 530 persoas contaxiadas de coronavirus, 6 máis que o día anterior.

Pola súa parte, descenden os novos casos detectados por probas diagnósticas (-5). En total, hai 27 contaxios novos.

Por áreas sanitarias, continúa á cabeza, a da Coruña:

A Coruña: 137 (-7)

Vigo: 80 (+1)

Ourense: 115 (+4)

Santiago: 50 (-3)

Lugo: 46 (+8)

Pontevedra: 60 (+1)

Ferrol: 42 (+2)

En canto aos ingresos en Galicia por coronavirus, mantense en 30 persoas hospitalizadas. Hai unha persoa máis en UCI, 6 en total, e unha menos en planta, 24 en total. 

O Sergas non notificou decesos por mor da covid, mantendo a cifra en 2.652 falecementos desde o inicio da pandemia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS