domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísGalicia volve superar os 500 casos de coronavirus

Galicia volve superar os 500 casos de coronavirus

En Galicia hai 505 persoas diagnosticadas de coronavirus actualmente. Tras moitas semanas por baixo do medio milleiro de casos, na última xornada detectáronse 56 novos casos e a comunidade superou ese limiar.

 Son 24 persoas máis con coronavirus que na xornada anterior. Tamén aumentan os contaxios con respecto ao día de onte (+18). Foron detectados 56 novos casos por probas diagnósticas.

Por áreas sanitarias continúa á cabeza a coruñesa e a de Ourense supera a área de Vigo:

A Coruña: 139 (-2)

Ourense: 86 (+15)

Vigo: 81 (+8)

Santiago: 63 (-2)

Lugo: 38 (-2)

Pontevedra: 65 (+5)

Ferrol: 33 (+2)

Nos hospitais galegos hai 25 persoas con COVID-19: redúcese o número otanto en UCI (-1) como en planta (-5). Son un total de 3 persoas en coidados intensivos e 22 en planta. 

O Sergas notificou o deceso dun home de 52 anos por mor da covid no hospital de Ourense,o  que eleva a cifra a 2.652 desde o inicio da pandemia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS