sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasVigo32 anos de cárcere por abusos sexuais a 6 menores en Vigo

32 anos de cárcere por abusos sexuais a 6 menores en Vigo

Aconteceu nun campamento en Cambados, nunha peregrinación a Compostela e vendo un partido de fútbol. Un cura e profesor de relixión do colexio Salesianos, de Vigo, abusou sexualmente de seis menores, de 15 anos, realizándolles tocamentos. Condea para el de 32 anos e media de cárcere.

Sucedeu no 2019, cando os alumnos tiñan15 anos, e nas actividades extraescolares nas que participaban acompañados deste cura e profesor agora condenado a 32 anos e medio de prisión e a 36 anos de liberdade vixiada.

En concreto, os feitos sucederon nun campamento que tivo lugar en Cambados e nunha peregrinación a Santiago de Compostela, e, respecto a un dos menores, mentres vían un partido de fútbol nunha asociación xuvenil da que o colexio estaba a cargo.

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra considera acreditado que o investigado cometeu sete delitos de abuso sexual, tres deles continuados.

Ademais da pena de prisión, na sentenza tamén se lle impón o pagamento dunha indemnización de 76.000 euros ao conxunto das vítimas, pois entende que «non cabe ningunha dúbida de que todas e cada unha delas sufriron un dano psicolóxico evidente», e mais a inhabilitación especial para calquera profesión ou oficio, sexa ou non retribuído, que implique contacto regular e directo con menores de idade por tempo superior en 31 anos ao de duración da pena de prisión imposta.

O tribunal asegura que o acusado aproveitou «a situación de superioridade derivada da súa profesión», da confianza que os menores depositaran nel e da relación de amizade que os unía, «que ía máis aló da de profesor-alumno», para realizarlles tocamentos. Os menores non puideron reaccionar polo «choque» que lles causou algo que non esperaban del.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS