Comezou en Galicia a inmunización coa terceira dose da vacina contra a COVID-19, a de reforzo, este luns, 25 de outubro, para maiores de 80 anos. Comeza nos centros de saúde da cabeza da comarca pero o Sergas valora reabrir os grandes centros de vacinación.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña:
O Ifevi, a Cidade da Cultura, Expourense, ExpoCoruña… poderían volver habilitarse para vacinar a poboación en xeral cunha terceira dose da vacina contra a COVID-19, pero non sería ata finais de novembro.
Agora ao vacinar ás persoas maiores ofréceselles vacinarse tamén contra a gripe.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, fai unha boa valoración da situación epidemiolóxica, aínda que matiza que o obxectivo «é que non haxa ningún paciente ingresado».
En canto ás restricións na hostalería e no ocio nocturno, o conselleirode Sanidade, Julio García Comesaña, considera esixir o certificado de covid-19 en máis ámbitos.