sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasLouriñaMos proxecta un plan de 40 asfaltados a acometer nos próximos dous...

Mos proxecta un plan de 40 asfaltados a acometer nos próximos dous anos

Melloraranse camiños das 10 parroquias. Técnicos municipais xa se atopan inmersos na redacción dos proxectos de obra.

A adxudicación das obras de mellora da pavimentación no Camiño de Cabezal e na Estrada Real foi aprobado en Xunta de Goberno Local á empresa concesionaria dos traballos de reposición do firme, que está previsto que comecen esta semana.
Con motivo da aprobación e inminente comezo destas obras de asfaltado, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, aproveitaron tamén para anunciar un novo Plan Municipal de 40 asfaltados que se iniciará en 2022 e se desenvolverá durante todo o próximo ano e o 2023, comezando pola mellora da pavimentación nos camiños máis urxentes e máis rodados.
Arévalo e Augusto informaron de que “se mellorarán viais nas 10 parroquias mosenses, contemplando unha media de 4 camiños a optimizar en cada parroquia”. Así mesmo, explicaron que “os técnicos municipais (enxeñeira, arquitecta técnica e arquitecto) xa se atopan traballando nos 40 proxectos de obra, cuxa redacción xa iniciaron e realizaron a medición dos viais a mellorar; e os camiños máis urxentes a acometer en 2022 están incluídos no orzamento municipal do ano que vén, en cuxo proceso de elaboración nos atopamos inmersos nestes intres desde o equipo de goberno local”.
A elección das 40 vías obxecto de mellora faise eco das peticións de asociacións de veciños e dos propios veciños particulares, así como da propia valoración municipal, identificando os máis deteriorados ben porque houbo unha obra de instalación de saneamento previa, porque son moi antigos, ou porque están moi rodados ao rexistrar un elevado volume de tráfico.
Neste sentido Camilo Augusto declaraba que “desde o Concello sempre manifestamos a prioridade de acometer primeiro o saneamento na maior parte de zonas posibles para logo asfaltar. Durante os últimos anos instalouse moita rede de sumidoiro e agora toca xa a quenda do asfaltado”. O tenente alcalde e edil de Vías e Obras apuntou tamén que “a intención é a de incluír tamén a mellora de cunetas neste Plan de Asfaltados, para mellorar todas as dos viais nos que se proceda á reposición do firme”.

Obras en Cabezal e Estrada Real

Respecto das obras en Cabezal e Estrada Real que se iniciarán en cuestión de días, apuntar que se atopan incluídas dentro da Liña 1 do Plan Concellos e contan cun orzamento por importe de 151.443,79 euros. No Camiño de Cabezal en Torroso, ademais do asfaltado, acometerase un tramo de saneamento, para logo realizar a conexión final. Tras a instalación do saneamento farase a mellora da pavimentación do Camiño de Cabezal, cunha lonxitude de 850 metros, que comprenderá actuacións previas que inclúen o desbrozado lateral, limpeza de cunetas e noiros; e rehabilitación de firmes e pavimentos mediante regularización da capa de rodadura coa aplicación de 1 cm de asfalto que regularice as zonas que presentan unha maior fisuración do asfalto.
No Camiño Estrada Real Petelos-Sanguiñeda mellorarase a rede de saneamento coa renovación da antiga tubería e a Comunidade de Auguas de Sanguiñeda aproveitará tamén para renovar a tubería da traída de abastecemento de auga evitando así, en ambos caso, problemas ou averías futuros por deterioro ou desgaste dos tubos. A obra de mellora da seguridade viaria en Estrada Real, parroquias de Petelos e Sanguiñeda, cunha lonxitude de 1408 metros, comprenderá actuacións previas que inclúen o desbrozado lateral, limpeza de cunetas e noiros e rehabilitación de firmes e pavimentos mediante regularización da capa de rodadura coa aplicación de 1 cm de asfalto que regularice as zonas que presentan unha maior fisuración do asfalto.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS