Morren máis galegos e galegas que nacen. Os primeiros tres meses deste 2021 tamén aconteceu así. Naceron 3.380 nenos e nenas (-12%) e finaron 8.937 persoas (-3% ), polo que o saldo vexetatito é negativo.
Son datos publicados este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE).
Os matrimonios aumentaron un 11,58%, hasta 1.108; deles 24 entre persoas do mesmo sexo, de acordo con esta estatística.
Por sexos, naceron 1.728 homes e 1.652 mulleres, mentres que as mortes correspondéronse con 4.591 homes e 4.346 mulleres.