Os deportistas federados xa non terán que competir con máscara se teñen 12 anos ou máis. Os menores de esa idade si deberán seguir levándoa obrigatoriamente.
A Secretaría Xeral para o Deporte confirmou coa autoridade sanitaria que se permitirán medidas de protección fronte á covid−19 «alternativas» ao uso deste elemento, pero quedan excluídos os nenos menores de 12 anos, que deberán usala de forma obrigatoria ao non estar vacinados contra o coronavirus.
A vacina para nenas e nenso de 5 a 11 anos está en estudo da Axencia Europea do Medicamento pero hai discrepancias entre os expertos sobre a súa inoculación.
A normativa estatal obriga a partir dos seis anos a que se empregue a máscara e a Organización Mundial da Saúde (OMS) desaconsella o seu uso en nenos menores desa idade e aposta por que ata os 12 anos só se empregue en situacións epidemiolóxicas de altas incidencias.
A Secretaría Xeral para o Deporte apunta que deberán ser as propias federacións deportivas de Galicia ou os organizadores das probas deportivas os que envíen a proposta de modificación dos seus respectivos protocolos baseados no Fisiocovid-DXTGalego, polo que se establecen as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola covid−19.