domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriña1.500 quilómetros solidarios dende Salceda

1.500 quilómetros solidarios dende Salceda

O Concello súmase a iniciativa “Kilómetros de investigación”, unha ruta solidaria de apoio á investigación do Síndrome de Rett, que sairá de Salceda o vindeiro luns 25 de outubro e chegará ao mesmo punto de partida o sábado 30 de outubro.

Esta iniciativa parte de nove veciños de Salceda de Caselas afincados todos eles, por diversos motivos e coincidencias, no barrio da Feira, que se puxeron en contacto co Hospital Sant Joan de Déu en Barcelona para que os autorizase a levar a cabo a iniciativa e así recadar fondos para investigación do Síndrome de Rett.
O síndrome de Rett é un trastorno xenético neurolóxico e do desenrolo pouco frecuente que afecta á forma en que se desenvolve o cerebro e que causa perda progresiva de habilidades motoras e da fala, afectando principalmente a nenas.

25 horas de rodaxe

Estes nove amigos e veciños de Salceda queren percorrer en moto preto de 1.500 quilómetros entre Galicia, Castela-León, Cantabria e Asturias, saíndo de Salceda de Caselas o luns día 25 de outubro, visitando os concellos de A Rúa, La Bañeza, Aguilar de Campoo, Santillana del Mar, Pola de Siero, Ribadeo, Ortigueira, Betanzos, Rianxo e Lalín, e chegando de novo a Salceda o sábado día 30 de outubro. Serán máis de 25 horas de rodaxe esperando que cada quilómetro percorrido axude a difundir e a recadar o máximo posible para esta nobre causa.

No hospital Sant Joan de Déu Barcelona, co que colaboran, lévase a cabo a investigación de moitas enfermidades raras ou pouco comúns, entre elas está a liña de investigación do Síndrome de Rett, para a cal se destinará toda a recadación desta aventura de “Kilómetros de investigación”.

Sofi, a única nena con este síndrome no municipio, estivo na presentación desta ruta.

Escoita a entrevista completa aquí:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS