Finaliza o estado de emerxencia en Galicia pola COVID-19 logo de que fora decretado en marzo de 2020 e co seu fin a hostalería e o lecer nocturno recuperan o 100% do aforo e amplían horario.
Alfonso Rueda:
Desde o sábado é posible recuperar o 100 % en todas as actividades que aínda non o fixesen, principalmente hostalería e lecer nocturno, actividades en que decidiu ampliar entre media hora e unha hora o horario de peche.
As cafeterías e restaurantes poderán abrir ata as 1:30 horas as noites dos venres e os sábados; mentres que os pubs poderán pechar ás 4:30 horas tamén as fins de semana e as discotecas e salas de festa amplían o seu horario ata as 5 horas todos os días da semana.
A Xunta tamén vai analizar se está entre as súas competencias eliminar a máscara en ámbitos como os patios das escolas, como anunciou este xoves a Comunidade de Madrid. Se os servizos xurídicos da Administración galega certifican que a Xunta é competente nesta materia, trasladarían a medida ao subcomité clínico que asesora a Sanidade para que valore a conveniencia de que os nenos poidan estar en espazos exteriores dos colexios sen esa protección.