domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísO Goberno perfila a demolicón de Ence coa nova anulación da prórroga

O Goberno perfila a demolicón de Ence coa nova anulación da prórroga

A Audiencia Nacional emite outro fallo que anula unha vez máis a prórroga da concesión a Ence en Pontevedra, que fora concedida polo Goberno de Mariano Rajoy en funcións. É o fallo ao recursopresentado pla Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) .

Esta nova anulación da prórroga súmase ao xa sentenciado o pasado verán tras os recursos de Greenpeace e o Concello de Pontevedra.

AAudiencia indica que de acordo coa proba pericial practicada despréndese que a auga doce, nun determinado volume, é un recurso necesario e imprescindible para o proceso produtivo das plantas de pasta de papel Kraft con branqueo, como a de Ence Pontevedra, así como a proximidade a recursos hídricos (auga salgada ou doce) para a evacuación da vertedura, «pero non que ditas plantas pola súa natureza ou configuración, teñan que situarse no dominio público marítimo terrestre, que é o que esixe o artigo 32.1 da Lei de Costas». De feito, a de Lourizán é a única fábrica de celulosa de España que está en dominio público marítimo-terrestre.

Anúlase a prórroga e «pecha a porta a que se tramite de novo». Este departamento considera que «o que procede, de acordo coa normativa de costas, é que o Ministerio para a Transición Ecolóxica se pronuncie sobre o destino das instalacións, previamente á reversión dos terreos ao Estado». Nese pronunciamiento sobre destino de instalacións, pódese expor a Ence unha saída ordenada e un calendario razoable de demolición, como se fixo coa veciña instalación de Elnosa, que está a ser actualmente demolida sen incidencias, resaltan por parte do Ministerio.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS