lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsComarcasHistoriadores buscan en Crecente ao Largo Caballero ourensán

Historiadores buscan en Crecente ao Largo Caballero ourensán

Un grupo de máis de 10 persoas, entre arqueólogos, historiadores e médicos forenses, buscan na Igrexa de Filgueira a César Alberte Domínguez «Largo Caballero».

Catro meses e oito días. Ese é o tempo no que o bando franquista tardou en encontrar ao ourensán César Alberte Domínguez, vinculado aos movementos de esquerda da primeira metade do S.XX, para fusilalo. O crimen esta vez foi en Arnoia e o inverno xa chegara cando, o 25 de novembro do 1936, os falanxistas asasinaron ao ouresano, natural de Arnoia, máis coñecido como «Largo Caballero» polas súas vinculacións obreristas. Así se recolle en «nomes e voces, o buscador de vítimas do franquismo de Galicia.

85 anos despis o equipo de historiadores, arqueólogos e médicos forenses do equipo Histagra, da Universidade de Santiago de Compostela, buscan os restos de Alberte Domínguez, gracias a chamada dun familiar, no municipio de Crecente. De forma máis concreta, na Igrexa de Filgueira, no terreo traseiro do atrio.

Xa no 2011 tiveron lugar excavacións co fin de enconrar ao Largo Caballero ourensán, pero as actuacións non tiveron éxito.

Aquí podes escoitar a peza completa que se emitiu este mércores nos informativos locais e comarcais de Si Radio de Galicia:

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS