O Concello acolleu unha recepción a Miguel Senlle, Xabier Pérez e Carmen Gallardo polos logros acadados este verán
Miguel Senlle, Xabier Pérez e Carmen Gallardo, acompañados por familiares e representantes da directiva do Club Xadrez Mos, foron recibidos e felicitados na casa consistorial por Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos; Sara Cebreiro, concelleira de Cultura e Turismo, Participación Cidadá e Política Social e Igualdade; José Areal, concelleiro de Deportes e demais membros da corporación municipal.
Miguel Senlle Caride, que é Mestre FIDE e adestrador dos grupos de maior nivel do Club Xadrez Mos, erixiuse campión do VII Open Internacional Hotel Cemar (Mondariz) o pasado 22 agosto, cun total de 8 puntos sobre o total de 9, facendo unha actuación brillante.
Pola súa banda Xabier Pérez Sousa e Carmen Gallardo García, foron subcampións de España representando a Galicia no Campionato de España de Seleccións Autonómicas Infantil o pasado 20 de xuño. Neste evento, celebrado en Xixón, a Selección Galega Sub-14 proclamouse subcampioa cun balance de 4 vitorias, 1 empate e 1 derrota, e contando no equipo galego cos mosenses Xabi e Carmen