Diferentes organizacións solicitan ao Concello que adopte todas as medidas necesarias para evitar o desafiuzamento dunha familia de Nigrán, que está previsto para o luns 18 de outubro.
Podemos Nigrán, Esquerda Unida, Plataforma de usuarios afectadas por S.S de Nigrán e a asociación Rebeldía solicitan ao alcalde que «adopte as medidas necesarias para evitar o desaiuzamento dunha familia de tres persoas». Actualmente, están tramitando a axuda do RISGA, a Renta de Inclusión Social de Galicia, polo que «aínda non poden facer frente ao pago do aluger» pero en canto a teñan «a situación será outra diferente».
Neste senso, reclaman que se lle de unha alternativa habitacional na vivenda de integración social e piden, igualmente, que se é necesario se actúe ante a Xunta de Galicia.
Falamos nos informativos de Si Radio de Galicia con José Cuevas, voceiro de Esquerda Unida