domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoOrpagu anuncia un plan de formación para os guardeses

Orpagu anuncia un plan de formación para os guardeses

A iniciativa formará aos futuros empregados da planta frigorífica que abrirá en Tui o próximo ano.

O presidente e a directora xeral da Organización de Palangreiros Guardeses (Orpagu), Joaquín Cadilla e Juana Parada, mantiveron hoxe un encontro co alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, para establecer as bases dun inminente convenio de colaboración que permita desenvolver un Plan Formativo Específico, aberto a todos os guardeses e guardesas, en áreas de loxística, calidade e seguridade alimentaria e manipulación e procesado de produtos de pesca.

Destes cursos sairán os futuros empregados da planta frigorífica que Orpagu está construíndo en Tui, que estará en funcionamento en 2022 e que, nunha primeira fase, creará arredor de 30 postos de traballo. Os inscritos a estes cursos que non sexan seleccionados para un posto en Orpagu, gozarán desa formación gratuíta, que lles permitirá acceder a empregos en outras empresas do sector, cuxa demanda de traballadores aumentou nos últimos anos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS