domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasVigoRedondela viaxa a 1702 para revivir a Batalla de Rande

Redondela viaxa a 1702 para revivir a Batalla de Rande

Os días 16, 23 e 24 de outubro conmemórase o 319 aniversario do combate naval más importante librado na Enseada de San Simón.

Desfiles, teatralizacións, mercado e este ano tamén visitas guiadas en barco pola Enseada de San Simón, obradoiros e atraccións tradicionais para conmemorar a Batalla de Rande. O municipio de Redondela retrocede a 1702 para revivir o máis importe combate naval que enfrontou as escuadras das coalicións angloneerlandesa e hispanofrancesa.
Esta é a oitava edición deste evento, ideado pola Asociación Deportiva e Cultural de Rande e que conta coa colaboración do Concello, cuxo formato se mantén como en anos anteriores. Así, a primeira das xornadas terá lugar, o día 16, nas rúas do casco urbano redondelán, e as dúas seguintes, o 23 e 24 de outubro, trasládase á contorna do Museo Meirande.
A vila dos viadutos acollerá o vindeiro sábado, a partir das 19.00 horas, un desfile e teatralización final na Alameda de Castelao, no que se representará a marcha cara Madrid das carruaxes nas que transportaban o cargamento valioso das embarcacións implicadas na batalla, carros que sufriron roubos e cuxos ladróns foron fusilados.
Xa a fin de semana seguinte, a actividade comezará o sábado 23 ás 11.00 horas coa apertura do mercado tradicional, no que tamén haberá atraccións de antano para os cativos (3 euros) e obradoiros de alfareiría, escritura antiga, pintura clásica e acuñación de moeda, en horario de mañá e de tarde. Ás 11.30 horas será a chegada das embarcacións e unha hora máis tarde o desfile inaugural. A continuación, terá lugar a primeira das representación teatrais infantís, da que haberá un segundo pase pola tarde e outro máis na mañá do domingo. Os propios nenos da asociación, e tamén veciños do lugar, serán os actores, ao igual que o son as persoas adultas que protagonizan as teatralizacións da batalla de Rande “Os galeóns de Rande”; do desembarco, a descarga e o asalto a fortaleza e do afundimento “Arde o mar”, coa representación naval do combate con pirotecnia.
Este ano introdúcense como novidade visitas guiadas en barco pola Enseada de San Simón, con saída do Museo Meirande, ás 16.00 e 17.00 horas do sábado 23

Retirada de entradas

Para o control do aforo é necesario a retirada de entradas para cada espectáculo de xeito anticipado no Multiusos de Redondela ou no Museo Meirande. Unha parte estase a despachar xa dende onte e outra resérvase par o mesmo día das actuacións.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS