domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsComarcasPremio á beleza paisaxística das vilas galegas

Premio á beleza paisaxística das vilas galegas

O xurado do certame Vilas en Flor completa as visitas aos 29 concellos participantes para deliberar sobre a súa xestión paisaxística e ambiental

 A edición 2021 do programa «Vilas en Flor» avanza a bo ritmo, tras a visita dos membros do xurado aos concellos participantes nesta iniciativa, impulsada pola Fundación Juana de Vega, que procura a mellora ambiental, social e económica dos concellos galegos. Este ano, o cuarto en que se celebra este certame que segue o modelo de grandes pioneiros en paisaxismo como Reino Unido, Irlanda, Francia, Italia ou Canadá, bateuse o récord de participación, con 29 municipios, entre eles oito do sur da provincia de Pontevedra: A Guarda, Baiona, Gondomar, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui e Mondariz, que se incorpora este ano por primeira vez.

Todos eles aspiran a recibir as flores de honra (ata un máximo de cinco), coas que se valoran as accións desenvolvidas para mellorar e resaltar os espazos verdes urbanos, a xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna. O ano pasado o xurado distinguiu con tres flores a Tomiño e Salvaterra; con dúas á Guarda, Baiona, Gondomar e Salceda, e con unha a Tui.
O equipo do xurado desde programa está formado por profesionais de recoñecido prestixio no ámbito do paisaxismo. Son un total de dez expertos, desde docentes universitarios ata enxeñeiros agrícolas de entidades públicas e privadas, arquitectos e mesmo historiadores, tanto de Galicia como de Portugal. Están conformados en cinco grupos, que tras realizar as correspondentes visitas están abordando as avaliacións en base aos criterios do sistema de valoración, gracias á disposición, interese e facilidades amosadas tanto polos responsables técnicos como institucionais dos concellos nos que se realizaron as visitas e que acompañaron aos membros do xurado durante os percorridos polas localidades.

GONDOMAR

O proxecto persegue a mellora ambiental, social e económica dos concellos galegos, así como a dinamización do sector do paisaxismo e a ornamentación. Por tanto, o xurado deberá avaliar aspectos como a adecuada implantación e xestión dos espazos verdes realizada polos concellos, así como a contribución das súas políticas ambientais ao desenvolvemento económico local, xerando máis actividade económica derivada do propio sector da planta ornamental e da xardinería así como dun previsible aumento de visitas turísticas.

RELACIÓN DE CONCELLOS PARTICIPANTES:
• Provincia de Pontevedra: A Guarda, Baiona, Caldas de Reis, Cambados, Cuntis, Gondomar, Lalín, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui, Mondariz, Vilagarcía.
• Provincia de Ourense: Allariz, Carballiño.
• Provincia da Coruña: Betanzos, Culleredo, Fene, Narón, Ortigueira, Ponteceso, Pontedeume, Sada, San Sadurniño, Oza, Miño.
• Provincia de Lugo: Chantada, Mondoñedo, Sarria.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS