Medio milleiro de galegas e galegos teñen actualmente coronavirus. En total, hai 502 persoas infectadas no País neste inicio de semana.
Os contaxios diarios diminúen. Foron detectados 14 casos novos por probas diagnósticas, a metade que no día anterior.
Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:
Vigo: 98 (-7)
A Coruña: 157 (+1)
Pontevedra: 30 (-8)
Santiago: 61 (-1)
Ourense: 77 (-10)
Lugo: 73 (-8)
Ferrol: 6 (+1)
Con respecto á ocupación hospitalaria, aumentan as persoas hospitalizadas en planta (+3). En total, hai dez persoas en coidados intensivos e 37 en planta.