A vila mariñeira celebra a festividade do 12 de outubro cunha viaxe musical polos ritmos latinoamericanos
Baixo no nome de “Ritmos da Hispanidade” o Concello de Baiona celebra o 12 de outubro cunha programación aberta para toda a cidadanía.
Así, o vindeiro martes, ás 18.00 horas celebrarase o acto protocolario na Praza do Concello que se pechará coa actuación do grupo “Mulleres de Ultramar” que interpretará a canción “Gracias a la vida” da cantautora Violeta Parra. E, a continuación, ás 19.30 horas, volverán a subirse ao escenario para ofrecer un concerto mediante o cal fará unha viaxe musical polos ritmos latinoamericanos a través dos repertorios de grandes mulleres compositoras e intérpretes da historia da música latina.
O rexedor baionés, Carlos Gómez Prado explica “que esta programación está diseñeda para achega a celebración da hispanidade a toda a cidadanía. Quixemos dar un cambio aos eventos que organiza o concello co obxectivo de que os gocen todos os veciños e veciñas da vila. Para que todo o pobo participe deles. Por iso o día 12 organizamos un acto aberto no que toda a cuidadanía poida gozar. O obxectivo é gozar da Hispanidade todos xuntos. O Concello de Baiona leva celebrando o acto 20 anos e había que darlle unha volta para que todo o pobo puidese participar deste evento, sempre respectando o protocolo, a celebración do día da Hispanidade deixou de ser un acto encorsetado no que participaban uns poucos para pasar a ser un acto para todos e todas”.