Unha nai foi detida en Vigo ás portas do centro educativo da súa filla tras ameazar supostamente cun coitelo a un menor do centro, de 13 anos, co que a súa filla ten un conflito.
Non houbo lesións pero si berros e nerviosismo na rúa Tomás Alonso de Vigo esta mañá. Unha nai encarouse a un menor de idade ás 8.15 horas berrándolle primeiro e ameazándoo cun coitelo despois.
O colexio alertou ás forzas de seguridade, e ata o lugar trasladáronse varios axentes da Policía Nacional, e unha ambulancia, aínda que finalmente non interviu.
Varios pais declararon ante os policías que previamente ao suceso viron como a muller lle berraba moi alterada ao menor. Os axentes detivérona pouco despois nas inmediacións do centro e retiráronlle o bolso en que supostamente levaba o coitelo.
A nai agora a disposición xudicial.