O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez, faleceu este mércores dun infarto no seu despacho aos 60 anos.
Nacido en 1961 en Aldán (Cangas), Valeriano Martínez ostentaba o cargo de conselleiro desde febreiro de 2015. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago, Valeriano Martínez era tamén diplomado en Xestión de Xerencia Hospitalaria. De feito, entre outras responsabilidades, fora director xeral de Recursos Humanos do Sergas.
Martínez tamén ocupou os postos de dirección xeral de Transporte, auditor do Consello de Contas de Galicia e secretario xeral da Presidencia da Xunta. Foi dúas veces elixido deputado no Parlamento de Galicia.
Valeriano Martínez vivía actualmente en Bueu coa súa muller. O seu fillo atópase traballando en Escandinavia.