220 estudantes de Primaria visitaron o xacemento co director da prospección arqueolóxica como guía de excepción
A concelleira de Educación, Julia Loureiro, acompañou ao alumnado do CEIP de Petelos nunha visita á escavación e prospección arqueolóxica do Castro de Pereiras, organizada entre o Concello de Mos e a Comunidade de Montes de Pereiras, que encargou a investigación grazas á que se fixo o descubrimento deste xacemento da Idade de Ferro. Na visita estivo tamén o presidente da Comunidade de Montes, Jorge Lorenzo.
Grazas a esta escavación atopáronse un muro dunha edificación e 200 pezas de cerámica da Idade de Ferro. A prospección arqueolóxica corre a cargo da empresa Tempos Arqueólogos, sendo o director da mesma, Mario Fernández, o encargado de facerlles a visita guiada e explicación do achado aos cativos participantes na actividade.
Entre as 200 pezas atopadas hai un asa de ola e pezas de cerámica romana, fragmentos de terra sigilata, da que se di que é unha das cerámicas máis caras e de prestixio da época; ademais dun tipo de cerámica que se fabricaba desde o século I A.C. ata mediados do século 3, aproximadamente, de posible produción hispánica.
Considerando que a potencialidade dun proxecto arqueolóxico promovido por unha comunidade de Montes, e apoiado pola veciñanza de Pereiras, interesados no coñecemento arqueolóxico do seu territorio é moi interesante, xa que permitirá unha maior protección do ben, en particular, e do patrimonio arqueolóxico da parroquia, en xeral.
Este proxecto nace polo interese da veciñanza desta parroquia a dar resposta con documentación que abale esta historia e a posible posta en valor do xacemento arqueolóxico.
Aproveitando a ocasión, a comunidade de Montes, a Asociación de Veciños Nosa Terra e o Concello, quixeron convidar aos centros educativos para que foran partícipes directos de esta experiencia e puideran coñecer de primeira man a historia.
A actividade consistiu en visitar as prospeccións a pé de obra e que o alumnado puidera ver como se levaban a cabo as sondaxes arqueolóxicas na zona dos “Castros”, onde se lles explicou o contexto patrimonial e historia da zona, a metodoloxía empregada nas sondaxes, o material atopado en cada proceso e que obxectivos que se pretender acadar con esta obra.
Tratarase de achegar dunha maneira moi xeral e adaptada a idade dos escolares en que consiste un traballo de arqueoloxía e que resultados se están atopando nesta sondaxe.
A obra está contratada coa empresa Arqueólogos, S. L, empresa que redactou o proxecto e foron os seus responsables; Mario Fernández Pereiro, director da obra e Francisco Alonso Toucido, o subdirector, os encargados de dar as explicacións técnicas adaptada ao alumnado.
Os colexios que participaron na visita, ademais do de Petelos, foron o de Atín, Pena de Francia e Mestre Martínez Alonso, cun total de 220 alumnos e alumnas dos cursos 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.