Galicia permite a partir de este sábado celebrar concertos de pé con un máximo de 5.000 asistentes, separados en grupos de 500 persoas. Anunciouno o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, quen cifrou nun 75% o aforo máximo que terán agora os eventos culturais.
O conselleiro de Sanidade:
Haberá ata 5.000 persoas en concertos ao aire libre, distribuídas en parcelas de 500 persoas. Ademais nos eventos culturais vaise permitir ocupacións de ata o 75 por cento.
Nos eventos deportivo o aforo non cambia pero si os grupos de persoas que poden practicar deporte xuntas; pasarán a ser de grupos de 6 a grupos de 10.
«En nivel alto, medio e medio-baixo pasamos ao 75% sen límite de persoas. Nos concertos ao aire libre de pé poñemos un máximo de 5.000 persoas en parcelas de 500 persoas e sen superar o 30% de ocupación desas parcelas», explicou o consello de Sanidade Julio García Comesaña.
A evolución epidemiolóxica mellora no conxunto de Galicia agás en dous concellos por brotes en centros educativos, onde lembremos os estudantes menores de 12 anos non están vacinados:
«A Xunta de Galicia decidiu subir ao nivel medio de restricións os concellos de Foz e O Barco de Valdeorras, cunha incidencia maior debido aos gromos nos seus centros educativos. Quero lembrar que os menores de 12 anos están aínda sen vacinar e agora mesmo son o grupo de idade que sofre incidencias maiores en Galicia e no resto de España», explicou Comesaña.
No comité clínico avalían o posible uso do certificado covid en ocio nocturno, acceso a hospitais ou residencias de maiores, unha vez que o Supremo avalou o seu uso.