A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, asegurou que a Xunta contactará con todos eles «un a un» para ofrecerlles unha vez máis a vacina, ao ser ese total, 160.000 os galegos e galegas sen ningunha dose.
A directora xeral de Saúde Pública:
O Sergas da por pechada a vacinación masiva por grupos de idade en grandes recintos como o IFEVI en Vigo ou a Cidade da Cultura en Santiago.
Con todo seguirá na procura da poboación diana aínda sen vacinar.
Os grandes recintos poderanse volver habilitar cando se autorice a vacinación dos menores de 12 anos.
«É necesario que todos nos vacinemos, por un dobre exercicio de responsabilidade, individual e colectiva, e imos ofertar todas as facilidades posibles para chegar ao máximo número de persoas», asegurou en Santiago a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo.