jueves, noviembre 21, 2024
InicioO PaísPontevedraA nova executiva do PP de Pontevedra busca recuperar as alcaldías e...

A nova executiva do PP de Pontevedra busca recuperar as alcaldías e a Deputación

O PP da provincia de Pontevedra elixe, de novo, a Alfonso Rueda como presidente no 18ª Congreso cun 98,13% dos votos.

Os máis dos 700 compromisarios e compromisarias dos 61 concellos de Pontevedra elexiron, unha vez máis, a Alfonso Rueda como líder para, entre outros obxectivos, recuperar as alcaldías da provincia xunto coa Deputación. As persoas que acompaárán ao presidente forman «unha executiva nova, reducida, áxil e que representan o peso fundamental do municipalismo», en palabas do Rueda, que pide «dedicación, esforzo e moito traballo en equipo para conseguir resultados».

Para iso, Alfonso Rueda aposta por unha executiva renovada na que só repite a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, como vicepresidenta e Jorge Cubela como un dos vicesecretarios. En total, serán 8 persoas as que ocupen estes postos dentro do novo núcleo duro do presidente como María Ramallo, Telmo Martín, José López, e José Crespo, o presidente do PP do Porriño e deputado provincial, Alejandro Lorenzo, e en representación das dúas cidades estarán Marta Fernández-Tapias, delegada da Xunta en Vigo e Pepa Pardo, deputada provicial e concelleira. 

O vicesecretario xeral é o delegado da Xunta en Pontevedra, Luis López Diéguez, en sustitución de López Tourís e en canto aos coordinadores das comarcas, é a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, a única que repite como a encargada do Condado. Amáis, dous conselleiros da Xunta de Galicia desempeñan tamén este cargo posto que Román Rodríguez encargarase do Deza e Julio García Comesaña de Vigo. No caso da Paradanta, é o rexedor de Crecente, Julio García Luengo, no Baixo Miño, Roberto Álvarez Carrero; en Caldas-Umia, o coordinador é agora Fernando Pérez Domínguez e no Val Miñor, Ana Simóns Sáncez sustitúe ao ex conselleiro de Sanidade Vázquez Almuíña. Pola súa banda, o coordinador do Salnés é Javier Tourís Romero; na comarca de Tabeirós, Valentín García Gómez e no Morrazo, elena Estévez Freire.

Así, a nova executiva do PP da provincia de Pontevedra traballará, tal e como explico o presidente, en recuperar as alcaldías nas proxímas eleccións municipais e, tal e como avanzou nos días previos ao 18º Congreso, en recuperar a Deputación, uns obxectivos que comparte o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, quen salienta que «hai que mellorar os malos resultados do 2019».

A nova executiva que se elexiu en Pontevedra supón unha renovación de case o 70% cun media de idade de 46 anos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS