A Policía Nacional detivo este xoves á noite en Madrid o home de 48 anos que presuntamente acoitelou ata a morte á súa parella, de 52 anos, na Coruña. O agora detido de 48 anos, collera un voo con destino a Madrid.
O delegado do Goberno, José Miñones:
O suposto autor do crime está na Coruña para pasar a disposición xudicial no xulgado de garda da cidade herculina. Con todo non se prevé que preste declaración ata o sábado ou incluso o domingo.
Os feitos ocorreron sobre as 2:00 horas deste xoves, cando un home chamou ao 091 para alertar de que atopara a súa nai sen vida nun cuarto da súa vivenda, situada na rúa Juan Darriba, no barrio do Birloque.
O Ministerio de Igualdade confirmou este venres que o crime sucedido na madrugada do xoves na Coruña, é violencia machista.
Ambos tiveran unha forte discusión en días pasados, segundo o fillo da vítima, aínda que non constan denuncias previas. Axentes da brigada provincial da Policía Xudicial compareceron no lugar dos feitos e activaron un dispositivo de busca para loclizar o suposto homicida, ao entenderen que hai «indicios» de delito de violencia de xénero.
É un home de 48 anos que tiña antecedentes previos por violencia de xénero contra outras dúas mulleres. Estes anteriores delitos non foron homicidios. A vítima, chamada Mónica Marcos, tiña unha panadería no barrio en que vivía.
A cifra de mulleres asasinadas por violencia de xénero en España ascende a 35 no que vai de ano e trátase da primeira en Galicia, e elevaría a 1.113 as mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas desde xaneiro de 2003.
O teléfono gratuíto para casos de violencia machista é o 016.