Basta con ter máis de 12 anos para poder vacinarse contra a COVID-19 en un dos setes campus universitarios de Galicia nos que se habilitaron puntos de vacinación sen cita previa. Tamén é posible recibir neles a segunda dose sempre que se estea en prazo.
A enfermeira, Fátima Dono:
Inicialmente pensados para os estudantes universitarios, estes puntos de vacinación ábrense agora a poboación en xeral. Unicamente se require acudir con DNI ou tarxeta sanitaria.
Estes puntos nos campus universitarios comenzaron onte e continúan hoxe martes. Entre os que xa se decantaron por eles para inmunizarse: universitarios que veñen a estudar a Galicia doutras comunidades, estranxeiros que residen en España ou persoas reticentes ata agora a vacinarse.