viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasLouriñaA Policía Local do Porriño arresta a un home por causar danos...

A Policía Local do Porriño arresta a un home por causar danos ao mobiliario urbano

Varios veciños foron os que deron a alerta na madrugada do pasado sábado. Tamén foi acusado de atentado e ameazas

Axentes da Policía Local do Porriño veñen de informar da detención dun individuo de 35 anos acusado de ser o presunto autor de danos no mobiliario urbano, tanto decarácter público, en papeleiras, xardineiras e nun parque infantil, como en mobiliario privado, en cadeiras e mesas dun establecemento de hostalería.
Os feitos acontecidos na madrugada do sábado 11 de setembro, foron alertados por chamadas de varios veciños que puxeron os acontecemento en coñecemento da Policía Local.
Os axentes localizaron a este individuo de 35 anos na rúa Pío XII, cuxa identidade responde ás iniciais S.C. Foi arrestado cando ameazou e intentou atacar a un grupo de persoas que lle reprocharon o seu comportamento. Cando o requiriron os axentes, tamén intentou atacar aos policías cando foi detido.
Foi acusado de delitos de danos materiais e de atentado e ameazas e foi posto a disposición xudicial. O individuo quedou en liberdade con cargos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS