No mundo non se fabrican tantos microchips como se demandan e Stellantis Vigo é unha das grande empresas de automoción que o padece pondo en risco 700 empregos. A factoría de Balaídos anuncia o parón sine die da quenda da fin de semana no sistema que monta as furgonetas.
A situación non se normalizará como mínimo até o terceiro trimestre do ano que vén. E, do mesmo xeito que outras factorías de automoción Stellantis Vigo viuse obrigada a suspender unha quenda completa.
Cae o persoal que traballaba a fin de semana noSistema 2, que montaos comerciais lixeiros (furgonetas), e que está composto por uns 700 operarios.
A dirección da planta iniciará nos próximos días un proceso de negociación para determinar a situación desta parte do persoal, composta principalmente por persoas con contratos eventuais ou parciais e, por tanto, non amparada polo Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE), como outros traballadores.