O trap galego de Boyanka Kostova chegará esta noite no parque da Feira Vella, onde se celebrarán gran parte dos concertos programados ao longo deste mes de setembro.
Unhas trinta propostas culturais e deportivas, para todos os públicos e en diversos espazos da vila, completan o programa das Festas de Setembro do Concello de Ponteareas.
O pasado mércores iniciáronse Os Remedios cun concerto da Banda de Música Xuvenil de Xinzo. Onte o público familiar puido gozar co espectáculo do Mago Teto e hoxe volve a música con Boyanka Kostova. Mañá haberá un monólogo de Cándido Pazó e concerto de O Sonoro Maxín e o domingo serán Voces de Arrieiro e Pelepau quen pechen as festas dos Remedios. Tamén para a xornada dominical, ás 18.00 horas, aprazouse o desfile de xigantes e cabezudos previsto para o mércores.
A música galega seguirá sendo protagonista no mes das festas e Ponteareas acolle mañá a 34º edición do Festival Folclórico do Condado con actuacións, dende ás 10.30 e ata as 14.00 horas, en diferentes puntos do centro urbano. O seguinte sábado, día 18, a vila será a capital galega da gaita co LIV Concurso de Gaitas do País, que se clausurará co concerto de Milladoiro.
San Miguel, do 29 de setembro ao 3 de outubro
A música de Tanxugueiras, da Banda da Loba, do Grupo América ou de Broken Peach, así como espectáculos para a infancia e o tradicional lanzamento de globos, formarán parte da celebración de San Miguel do 29 de setembro ao 3 de outubro.
Todos os concertos son gratuítos e teñen capacidade limitada. As persoas interesadas poden adquirir as entradas a través da web www.eventbrite.es.
Consulta neste documento todas as actividades programadas Ponteareas Festas Setembro.pdf