Nadia Bouzas Fernández é recibida no Concello pola prata conseguida no Campionato de Europa Cadete de Taekwondo
A mosense, veciña da parroquia de Torroso, iniciouse no taekwondo con 4 anos. Hoxe, con tan só 13 anos de idade, atesoura un gran currículo, só neste 2021 vén de proclamarse, ademais de subcampioa en Estonia (agosto), campioa de España coa selección galega cadete (xuño), campioa galega cadete (xuño), medalla de bronce nos Multigames de Sophia (maio) e campioa da Copa de España (abril). En anos anteriores acadou premios importantes como a prata de Europa Pre-Cadete por Clubs e o ouro de España Pre-cadete por Clubs.
Na recepción que tivo lugar no salón de sesións, a alcaldesa Nidia Arévalo destacou “a importancia de fomentar dende as administracións deportes de carácter no tan maioritarios”, remarcando “o esforzo e o encomiable labor de apoio, tanto emocional como económico dos pais, que cada día acompañan a Nadia nesta tan triunfal como precoz carreira deportiva”. A rexedora concluíu dedicando a Nadia unhas palabras de felicitación así como expresou o seu desexo de que siga podendo compatibilizar o deporte cos estudos.
Alcaldesa, concelleiro de Deportes, José Areal, e demais membros da corporación municipal, trasladáronlle a Nadia os seus parabéns.