Aconteceu no Carballiño cando estaba no edificio en compañía doutro menor de 13 anos. A Garda Civil investiga o sucedido para esclarecer os feitos. Permanece ingresada en estado grave.
A Garda Civil investiga a caída desde o segundo andar dun edificio no Carballiño dunha menor, de 14 anos, que se atopaba con outro adolescente. Supostamente, o menor, de 13 anos, golpeouna cun obxecto na cabeza, tras o que ela se precipitou, segundo relataron fontes da investigación que tratan de esclarecer os feitos.
O menor tería declarado segundo testemuñas: «Quería saber o que se sinte ao matar a unha persoa».
O suceso aconteceu pouco antes das oito da tarde deste xoves e foi o menor quen alertou o 112 de que a rapaza caera desde o segundo andar e estaba ferida. O feito púxose en coñecemento da Policía Local e do 061, tras o que se mobilizou un helicóptero medicalizado ao lugar. A nena foi trasladada ata o CHOU, onde permanece ingresada en estado grave.
A Garda Civil foi informada do acontecido e os efectivos desprazados ata o lugar atoparon o mozo ferido. Faráselle a el un exame médico completo. A Fiscalía de Menores fíxose cargo dos feitos.