jueves, noviembre 28, 2024
InicioComarcasLouriñaMos asegura a posta a punto do inicio do curso escolar

Mos asegura a posta a punto do inicio do curso escolar

A alcaldesa, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Julia Loureiro, atópanse realizando unha ronda de visitas a todos os centros educativos do Concello para supervisar a boa marcha dos labores da posta a punto previos ao inicio do vindeiro curso escolar 2021-2022

A alcaldesa, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Julia Loureiro, atópanse realizando unha ronda de visitas a todos os centros educativos do Concello para supervisar a boa marcha dos labores da posta a punto previos ao inicio do vindeiro curso escolar 2021-2022.
Para unha mellor previsión e organización das obras a realizar, por parte do Concello de Mos, realizáronse ao finalizar o curso escolar 2020/2021, diferentes reunións co equipo directivo e ANPAS dos colexios mosenses, para poder ter un coñecemento máis directo das necesidades dos mesmos.
Froito destas reunións, durante todo o verán foron realizadas diferentes actuacións nos centros escolares, que consistiron na limpeza xeral dos interiores dos edificios así como realización de novo pintado das paredes das aulas e espazos comúns tanto nos centros escolares como nos pavillóns, limpeza da maleza das inmediacións dos centros, mellora e limpeza de patios e aparcamentos, colocación de céspede en patios interiores de Primaria, colocación de armarios, tarimas e cortiza e traballos de xardinería en todos os centros gracias á colaboración do Obradoiro de Emprego “Mocidade no Camiño”.
No CEIP de Petelos leváronse a cabo obras de illamento do ximnasio, así como o comezo do cambio da carpintaría de aluminio do CEIP de Atín e o retranqueo dun muro e asfaltado do aparcamento no CEIP Pena de Francia.
De maneira inmediata, vaise realizar a colocación dos toldos nas aulas do CEIP Mestre Martinez Alonso para mitigar as altas temperaturas as que se chegan na primavera e comezo do verán.
Ademais, está en licitación por parte da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, o cambio da carpintaría de aluminio das fiestras no CEIP Petelos, e está tamén en marcha un proxecto no CEIP de Atín que consistirá no remate do cambio da carpintaría de aluminio das fiestras, cambio na cuberta e derribo do anexo da antiga aula de infantil.

O Concello reúnese coas anpas para coordinar a posta en marcha de actividades complementarias

Este mércores, día 8 de setembro, ás 20.00 horas, está programada unha reunión cas anpas dos centros educativos de primaria e do IES para establecer as pautas de colaboración do Concello co obxectivo de apoiar o gran labor destas asociacións na organización e posta en marcha das actividades extraescolares, o comedor escolar e aula matinal.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS