Este mércores ás 17:00 horas haberá música e pasarrúas de xigantes e cabezudos para «encher de diversión Ponteareas».
Xigantes e cabezudos desfilarán polo centro urbano de Ponteareas, ás 17:00 horas, para coñecer aos nennos e as nenas da vila, «bailar con eles e desfrutar do día xuntos», segundo explica o concello. Amáis, «non estarán sós, xa que o grupo folclórico de Fozara porá ritmo ao seu paseo e acompañarán a estas figuras ata que se despidan da veciñanza».
Para o Concello «sacar a cultura a rúa é unha prioridade dentro da súa programación» e o que pretenden é «dinamizar o día a día da nosa vila e encher de diversión as nosas rúas”, explica a alcaldesa, Cristina Fernández Davila, que anima aos veciños e as veciñas “a acompañar o desfile con alegría e ganas de divertirse”.
Mañá non será a única oportunidade de desfrutar dos xigantes e cabezudos pois sairán de novo o vindeiro mércores 29, que é festivo loval, ás 11:30 horas e será a antesala do lanzamento de globos de San Miguel.