jueves, noviembre 28, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta aproba a estratexia de intercionalización de Galicia para o periódo...

A Xunta aproba a estratexia de intercionalización de Galicia para o periódo 21-25

Facilitará a saída ao exterior do tecido empresarial grazas á dixitalización e diversificación.

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anuncia a aprobación da nova Estratexia de internacionalización de Galicia para o período 21-25 que, a través da aposta pola dixitalización e a diversificación dos mercados, facilitará a saída ao exterior do tecido empresarial.

Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo precisou que o obxectivo marcado para 2025 é que se acaden as 8.000 empresas exportadoras e chegar aos 25.000 M€ anuais en exportacións. Así mesmo, sinalou a intención de incrementar a presenza galega en países de fóra da UE, multiplicando por tres as exportacións a América do Norte, duplicando as vendas a América do Sur e Asia e incrementando un 25% as exportacións a Reino Unido.

Segundo explicou, a estratexia contempla como primeiro paso un plan inicial de acción para o período 21-23, que suma 70 M€ para impulsar a recuperación do tecido empresarial galego tras a crise da covid.

Máis polo miúdo, Feijóo resaltou que o programa se sustentará sobre 4 piares: a innovación, a captación de talento, o acompañamento nos mercados de destino e a difusión de casos de éxito.

En canto á innovación, dixo, reforzarase o traballo feito ata agora a través das antenas do Igape, coa apertura de novas antenas en Dubai e Toquio e a posibilidade de facelo no Brasil e Corea do Sur a partir de 2023. Tamén coa activación do programa Emprende Global para fomentar a participación en feiras e encontros internacionais.

No tocante ao segundo eixe, Feijóo subliñou que se destinarán 9 M€ para continuar coas liñas destinadas aos bolseiros e aos xestores de internacionalización.

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS