jueves, noviembre 28, 2024
InicioComarcasO CondadoA Volta Ciclista a Galicia arrancará en Ponteareas o día 16

A Volta Ciclista a Galicia arrancará en Ponteareas o día 16

Ponteareas acollerá dúas etapas da Volta Ciclista a Galicia, entre o16 e o 19 de setembro. Será na Vila do Tea a etapa inaugural; unha contrareloxo individual de seis quilómetros con saída e chegada no centro do municipio; e a segunda, de máis de 140 quilómetros polo concello e a comarca.

O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, agradece a Federación Galega de Ciclismo que tivese en conta Ponteareas como punto de partida desta competición, que décadas atrás lideraron os ciclistas ponteareáns da familia Rodríguez Barros. Así mesmo, destaca a “gran tradición deste deporte na vila, que conta co récord de tres gañadores de La Vuelta a España: Álvaro Pino, e os irmáns Delio e Emilio Rodríguez Barros”. “A Volta a Galicia porá en valor a beleza e a natureza da nosa contorna, ademais de dar un pulo a economía local”, destaca.

Un dos aspectos que fan máis atractiva a Volta Ciclista a Galicia deste ano é que volve tras ser suspendida pola COVID o ano pasado. Ponteareas estará marcada en todos os calendarios dos equipos de elite e sub 23 galegos, xa que é unha das probas máis importantes na que participan ao longo do ano.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS