jueves, noviembre 28, 2024
InicioComarcasParadantaAdxudicadas obras de mellora do firme da PO-406 en Crecente

Adxudicadas obras de mellora do firme da PO-406 en Crecente

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade executará obras de mellora do firme na estrada autonómica que une Varóns e Filgueira, a PO-406, no concello de Crecente.

A actuación, que foi adxudicada á empresa NAROM S L por un importe de preto de 50.000 euros, iniciarase nas vindeiras semanas e terá un prazo de execución de dous meses.
Trátase da mellora do firme nun treito antigo da estrada autonómica PO-406, que é utilizado para acceso a varios núcleos e vivendas, e que dá continuidade ao viario municipal.
As tarefas inclúen a disposición dunha nova capa de rodadura, cun espesor de 5 centímetros de aglomerado en quente, realizando unha previa regularización superficial do firme onde sexa necesario.
Tamén se realizarán traballos de limpeza neste punto, así como de reperfilado de gabias de drenaxe.
Ademais, aproveitando as obras, instalarase un colector de saneamento que dará servizo a varias vivendas, cunha lonxitude de 405 metros e un cruce baixo a estrada PO-801.
A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, continúa traballando na conservación e mantemento da rede viaria autonómica coa fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS