jueves, noviembre 28, 2024
InicioNewsO PaísO Sergas prioriza a vacinación das mulleres embarazadas

O Sergas prioriza a vacinación das mulleres embarazadas

A prioridade na vacinación contra a COVID-19 para o Sergas é agora as mulleres embarazadas. O comité clínico fai un chamamento especial ao existir por fin consenso científico de que deben facelo canto antes.

«Estámoslles pedindo aos médicos que localicen este grupo de mulleres e as convenzan e lles trasladen a necesidade de vacinarse o antes posible», recoñeceu en rolda de prensa o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

Como mulleres embarazadas tamén poden solicitar una cita de xeito automático no teléfono 981 21 59 30.

Como novidade, a Consellería de Sanidade confirma o adianto da vacinación para as persoas que acaban de pasar a covid.

«Galicia vai comezar a vacinar esas persoas xustamente despois do remate da súa situación clínica. Iniciaremos a vacinación cando lles dean a alta epidemiolóxica e non teñan ningún tipo de síntoma», avanzou Comesaña.

A previsión é comezar a citalos cando remate a convocatoria por grupos de idade. Actualmente continúa una repesca tamén de todos los grupos de idade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS