O concello de Crecente continúa celebrando o Verán Cultural e este xoves e o turno do cantante Antonio Luz, que actuará na praza Ana Pastor da localidade.
Música galega con retranca e «do noso» soará en Crecente, dentro da programación do Verán cultural do municipio coa actuación do cantautor galego Antonio Luz. Así, a veciñanza e as persoas que se acheguen a praza Ana Pastor gozaránr das composicións de Luz, algunha delas tan coñecidas como «Non me toques o Xe» ou «Do rural» con todas as medidas de prevención fronte a COVID-19 e de balde.
A actuación será o xoves 19 ás 22 horas na praza Ana Pastor de Crecente.