jueves, noviembre 28, 2024
InicioComarcasLouriñaInclusión en movemento en Mos

Inclusión en movemento en Mos

Oitenta e cinco usuarios de COGAMI, EVD Galicia, Doral Residencias, Aceesca e ALENTO Asociación de Dano Cerebral, participaron no encontro «Mos móvese con La Vuelta 21» organizado por DisCamino , EVD Petelos e o Concello de Mos.

 O encontro, no Multiusos das Pozas, incluiu obradoiros ao aire libre de chapas e pulseiras, circuíto en bicis adaptadas a cargo de DisCamino; e houbo música e animación a cargo de Mikaela Sánchez, do grupo mosense M3, e clase de Zumba. 

Os obxectivos desta iniciativa, enmarcada no programa de actividades municipais con motivo da meta da etapa 20 de La Vuelta 21 en Herville o vindeiro 4 de setembro, son “achegar o deporte e as diferentes prácticas deportivas a colectivos de persoas con capacidades diferentes, fomentar e promover un Mos inclusivo e vencellar unha competición de renome e moi coñecida e popular entre o gran público como é La Vuelta Ciclista a España, con accións como esta que potencian valores sociais de convivencia, inclusión, etc. que cómpre afianzar e impulsar” declararon hoxe os representantes municipais presentes no evento, que contou cos necesarios controis e medidas preventivas ante a COVID-19 que marcan os protocolos actualmente en vigor.

A este encontro ao aire libre sumáronse concelleiros membros do equipo de goberno local como o edil de Deportes, José Areal, xunto con Julia Loureiro e Gonzalo Alonso.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS