jueves, noviembre 28, 2024
InicioNewsComarcasAs Neves, Arbo e Tomiño soben ao nivel alto de restricións

As Neves, Arbo e Tomiño soben ao nivel alto de restricións

Baiona, pola súa banda, pasa do nivel máximo de limitacións ao alto.

Segundo as decisións do comité clínico que asesora á Xunta na pandemia da COVID-19, aumentan as restricións en tres concellos da área sanitaria de Vigo e alivianse nun. Soben ao alto Arbo, As Neves, e Tomiño, ao que baixa Baiona e no que continúan A Guarda, Gondomar, Nigrán, O Porriño, Redondela, Salvaterra de Miño, Tui e Vigo. A Área Sanitaria de Vigo, a que pertencen estes municipios, é a segunda con máis concellos nos que é necesario presentar un certificado COVID para acceder á hostalería. 

Deste xeito, a partir do sábado 14 de agosto haberá que acreditar inmunidade para acceder ao interior dos locais destes municipios. Para iso, a clientela deberá presentar ben unha proba negativa en COVID ben o certificado de vacinación coa pauta completa ou unha acreditación de ter superada enfermidade. As e os hostaleiros poderán atender ao 50% tanto dentro como fóra. Amáis, o ocio nocturno redúcese ao 50% e só ás terrazas e terá que pechar ás 01:00 horas.

O nivel alto de restricións tamén leva consigo a limitación das reunións pois a partir da unha da madrugrada únicamente están permitidas as xuntanzas con persoas conviventes.

Xunto a estas localidades, ao inicio da fin de semana, tamén están no nivel alto de restricións Cee, Fisterra, Laxe, Malpica de Bergantiños, A Coruña, A Laracha, Arteixo, Betanzos, Cambre, Carballo, Culleredo, Oleiros, Sada, Miño, Pontedeume, Cabanas, Ferrol, Muros, Ames, Ribeira, Viveiro, Burela, Foz, Chantada, Lugo, Ribadeo, Xove, Outeiro de Rei, O Barco de Valdeorras, Verín, Sanxenxo, Meaño, Bueu, Cambados, Marín, Meis, Poio, Pontevedra, Portas, Soutomaior, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa, a meirande parte deles da área sanitaria da Coruña.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS