Un veciño de Redondela, de 56 anos, faleceu na tarde de hoxe tras ser alcanzado por un vehículo de construcción, tipo dumper, mentres traballaba na obra dunha gasolineira no Polígono Industrial de Tui.
Segundo a información facilitada aos xestores do 112 Galicia por unha persoa particular ao fío das cinco horas desta tarde, o obreiro foi atropelado pola máquina e necesitaba asistencia médica urxente.
Con estes datos, desde o 112 solicitou a intervención do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviou ata o lugar unha ambulancia para atender o ferido. Desafortunadamente, unha vez no punto, os equipos de intervención nada puideron facer por salvarlle a vida. Ademais, os sanitarios tiveron que atender o conductor do dumper, que sufriu unha indisposición.
La víctima mortal
No operativo tamén colaboraron os axentes da Garda Civil, da Policía Local e os membros de Protección Civil da localidade.