Os hospitais galegos conteñen o número de pacientes COVID logo de varias xornadas de repunte posto que son dúas persoas menos ingresadas en camas conencionais e mantense en 30 as persoas que precisan da UCI na comundade
Galicia conta arestora con 18.335 casos activos en coronavirus, 474 máis ca onte, segundo a última actualización de Sanidade. Un repunte máis leve dos que anteriormente experimentara a comunidade.
É a Área Sanitaria de Ourense a única que consegue restar positivos e é a da Coruña a que maís aumenta ao sumar 206 nun só día:
Vigo: 4.378 (+30)
A Coruña: 3.530 (+206)
Pontevedra: 3.041 (+17)
Santiago: 2.378 (+104)
Ourense: 2.223 (-34)
Lugo: 2.100 (+100)
Ferrol: 885 (+51)
En canto á presión hospitalaria, Galicia contena con respecto á anterior actualización do SERGAS. Son 234 pacientes os que están ingresados en camas convencionais e o número de persoas que precisan das UCI é igual a onte, é dicir, 30 en total.