domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísGalicia suma 31 pacientes COVID-19 nun día

Galicia suma 31 pacientes COVID-19 nun día

Son en total 258 persoas ingresadas por mor da COVID-19 na comunidade, das cales 25 están nas UCI.

Galicia experimenta unha repunta na presión hospitalaria a causa do virus. Arestora son 233 pacientes os que están ingresados en camas convencionais, 28 máis que na anterior xornada, e 25 nas UCI, tres máis ca onte, segundo a última actualización de Sanidade.

En canto aos casos activos, son 17.298 galegos e galegas que están pasando a enfermidade na comunidade, 544 máis que na anterior xornada. Por áreas sanitarias, é a de Vigo a que máis aumenta e é a de Ourense a única que consegue diminuir os positivos activos.

Vigo: 4.065 (+150)

Pontevedra: 2.940 (+67)

A Coruña: 3.121 (+135)

Ourense: 2.275 (-86)

Santiago: 2.213 (+113)

Lugo: 1.881 (+120)

Ferrol: 803 (+45)

O SERGAS notificou este domingo o deceso dun home de 87 anos que faleceu con COVID -19 na Área Sanitaria de Pontevedra o día 24 de xullo.

 

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS