domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísGalicia habilita a autocita para á mocidade do grupo de 16 a...

Galicia habilita a autocita para á mocidade do grupo de 16 a 19 anos

Sanidade destina 11.000 vacinas, a partir do venres, para os mozos e as mozas que se rexistren para recibir a dose contra a COVID-19.

A mocidade galega, que se sitúen no grupo de 16 a 19 anos, poderá solicitar unha autocita no SERGAS para recibir a vacina contra a COVID-19 a partir do venres 23 de xullo. Así o anunciou o presdiente galego, Alberto Núñez Feijóo, na conferencia de prensa posterior ao consello da Xunta de Galicia.
 
Foi na tarde do mércores cando se abriu, sen aviso, a autocita para este grupo da poboación e en cuestión de horas colapsou a aplicación do SERGAS pola cantidade de solicitudes que chegaron ás 6.000 nas primeiras horas, un dato que para Núñez Feijóo «é unha boa noticia posto que demostra que a mocidade galega quere vacinarse».
 
Ao inicio de agosto as profesionais da sanidade pública galega comezarán a inocular a primeira dose contra o virus aos mozos e as mozas que solicitaron a cita. En total, destinaranse 11.000 soros. É este o grupo etario con máis incidencia en canto aos positivos en COVID-19 «superando os 1.000 casos», explicou Feijóo. Con todo, o titular galego aseverou que a Xunta seguirá priorizando a vacinación por grupos de idade.
 
Finalemente,Feijóo explicou que o sistema de autocita está dispoñible, de igual xeito, para aquelas persoas que non poideron acudir cando recibiron a citación, entre as que se atopan o último grupo en recibir o soro contra o virus de 30 a 39 anos.
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS