domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaMos recibe a Peri, campión de España de + Enduro Máster 50

Mos recibe a Peri, campión de España de + Enduro Máster 50

Carlos Pérez quedou esta ano tamén terceiro no campionato galego e previamente foi catro veces campión galego, dúas subcampión de España e nunha ocasión terceiro

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, José Areal, e demais membros do equipo de goberno local e da corporación municipal recibiron no Concello, para homenaxealo, ao vixente Campión de España de + Enduro Master 50. O Campionato nacional disputouse o pasado 6 de xuño en Mugardos e Carlos Táboas erixiuse gañador. Tamén este ano quedou 3º no Campionato Galego de + Enduro Master 50.
Carlos José Táboas Pazo, “Peri”, de 56 anos, é veciño da parroquia de Sanguiñeda e dedícase profesionalmente á carpintería de cociñas. Rexenta a empresa Master Kitchen (empresa familiar), seguindo o legado do seu pai e dos seus avós e bisavós.

Traxectoria deportiva

Comezou a competir de neno, con 12 anos, no Club Ciclista Spol do Porriño. Logrando ser varias veces Campión Galego nas categorías de cadetes e cuvenís. Corría nas modalidades de estrada e ciclocross.
Con 16/17 anos foi aos mundiais de ciclocross en Francia e Inglaterra (en Inglaterra quedou 11º na clasificación xeral).
Continuou coa bicicleta ata os 20 anos, idade na que a deixou polos rallyes.
Competiu en rallyes 10 anos sendo campión talego de Grupo A e da Copa AX. Tamén foi 3º no Campionato de España AX, e na Copa Hwundai. E quedou subcampión de España.
Posteriormente deixou de competir uns anos deportivamente e aos 50 anos, por un problema de saúde relacionado coa tensión, retomou a bici e volveu á competición en + Enduro Master 50.
Ademais dos títulos logrados este ano (1º de España e 3º de Galicia) ten un amplo palmarés no seu haber: 4 veces campión Galego de + Enduro Master 50, 2 veces subcampión de España de + Enduro Master 50 e unha vez 3º no Campionato de España de + Enduro Master 50

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS