domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaJavier Baquero presenta o seu terceiro libro sobre a historia de Mos

Javier Baquero presenta o seu terceiro libro sobre a historia de Mos

O autor, veciño da parroquia de Dornelas, completa así a súa triloxía “del ayer y hoy de Mos”

 

O fotógrafo, historiador e etnógrafo mosense, Javier Baquero, presentou esta tarde nos exteriores do Local Social de Dornelas, acompañado pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, demais membros do goberno local e da Corporación Municipal e familiares e veciños da parroquia, o seu terceiro libro sobre a historia de Mos: “Aclaraciones históricas del ayer y hoy de Mos”, editado polo Concello de Mos e que será empregado como agasallo institucional por parte da administración local.

Este novo título que firma Baquero é a terceira parte dunha triloxía integrada por outras dúas obras precedentes: “Datos históricos del ayer y hoy de Mos I” (1999) e “Datos históricos del ayer y hoy de mos II” (2008).

Biografía

Francisco Javier Baquero Rotea naceu en San Juan de Tabagón, concello de O Rosal, no ano 1951. No ano 1958 foi escolarizado en Mos. E continuou os seus estudos no Colexio Salesianos de San Roque en Vigo, onde cursou Oficialía industrial na especialidade de Matricería.

A súa traxectoria laboral desenvolveuse no ámbito industrial, especializándose no sector do automóbil; con recoñecemento pola súa implicación e achega ao deseño a través da investigación e o desenvolvemento.

Na súa xubilación, retirouse do seu posto profesional nunha importante empresa do sector da automoción, con numerosos recoñecementos polo seu desempeño e aportación.

Desde os anos 80 alternou a súa dedicación profesional coa súa paixón etnográfica, procura e recompilación histórica.

Persoeiro amplamente recoñecido na súa parroquia de residencia, Dornelas, e en todo o municipio de Mos polas súas dúas grandes paixóns: a historia local e a fotografía, colaborou desde sempre moi activamente co Concello.

Entre outras iniciativas participou, coas súas aportacións de coñecemento e investigación histórica, no deseño dos símbolos heráldicos oficiais municipais en vigor, supervisados e aprobados pola Comisión Heráldica de Galicia e polo Pleno do Concello de Mos: a bandeira aprobada en 2011 e o escudo aprobado en 2015.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS