Laura Santiso dirixe ComeCois, unha granxa de caracois que puxo en marcha en Augas Férreas, na Cañiza.
A covelense Laura Santiso empezou de novo no rural da Paradanta cunha granxa de caracois. Comezou a buscar información e a relizar cursos sobre a helicicultura, que é así como se lle chama á cría e cultivo de caracois terrestres e puxo en marcha ComeCois.
O potencial cliente é a hostalería aínda que Santiso contempla tamén outra vías como as de intriducir o produto no mercado en formato conserva par alogo vender, por exemplo, nas diferentes feiras de Galicia. Segun explica a covelense as posibilidades alimenticias do caracol son moi amplas e «está recomendado para as dietas saudables porque ten unha escasa achega calórica e graxa cun alto contido en proteínas, entre outras cualidades».