O alumnado de 1º de Bacharelato de Economía do IES da Cañiza, que traballaron na iniciativa «Ruta interactiva pola Cañiza» recibiron vales de 50 euros.
Unha representación da Asociación de Comerciantes da Cañiza fixo entrega de vales de 50 euros a cada un dos alumnos e das alumnas de bacharelato que puxeron en marcha a Ruta Interactiva pola Cañiza.
O proxecto do alumnado da asignatura de economía do IES da Cañiza consiste nun percorrido por lugares de interese do municipio, guiados por diferentes códigos QR distribuídos pola contorna. Estes códigos conteñen pistas que levan aos participantes a atopar o seguinte ata chegar á meta.
A Asociación de Comerciantes sumouse a modo de colaboración a iniciativa «para incentivar a participación con premios de 10 euros para aquelas persoas que finalicen o percorrido», segundo apuntan. O Camping Carballo do Marco, situado no corazón da Cañiza e aberto de luns a domingo, será o punto de recollida dos vales para as gañadoras e os comercios locais sinalados co cartel correspondente de colaborador voluntario serán os lugares donde se poderán canxear os vales conseguidos.